Информация о песне На данной странице вы можете ознакомиться с текстом песни Acto III: Que facer , исполнителя - EzetaerreДата выпуска: 20.11.2017
Возрастные ограничения: 18+
Язык песни: Испанский
Информация о песне На данной странице вы можете ознакомиться с текстом песни Acto III: Que facer , исполнителя - EzetaerreActo III: Que facer |
| Revolta en cada rúa, nas fábricas e escolas |
| Pechemos ben as filas pra ser unha soa forza |
| Tensaron moito a corda, isto non ten volta |
| Como a loita do Potemkin empurrada polas ondas |
| A razón que trona, que nos guía ata a fin |
| Teño gravada baixo a pel cada Tese de abril |
| Non quero zar nin rei, nin tampouco resistir |
| Quero a toma do poder pra conquistar outro porvir |
| Non deamos descanso a banqueiros nin empresarios |
| Tampouco ao Estado asasino de Santiago Maldonado |
| Que as escravas e escravos son quen fabrican os cravos |
| Eles fan o cadaleito, nós imos apuntalalo |
| Borrando o seu sorriso pra velos tremer de medo |
| Soviets e sindicatos creando poder obreiro |
| Paso a paso a lume lento temperando o aceiro |
| 100 anos despois vai tremer o mundo enteiro |
| Son cen anos xa e moitos máis virán |
| Seguimos en pé de guerra pola paz, o pan e a terra |
| Tecendo loitas con afectos no fío vermello |
| Que percorre a historia no camiño ata a vitoria |
| Entre tanta violencia, con este cheiro a napalm |
| Fagamos do presente unha nova esperanza |
| Situación de emerxencia, loita de vangarda |
| Gardemos todo o futuro nunha tabula rasa |
| Ezetaerre na casa que berra Nunca Máis |
| Defendendo terra e monte coa máscara antigás |
| Tendo en conta que na vida xa non hai volta atrás |
| Que o noso capital está nas propias mans |
| Rimas feitas polo pobo e para o pobo |
| No meu bando non hai sitio para fobias nin bobos |
| Só para tolas e tolos nesta boca do lobo |
| Que sexan o xermolo doutro mundo novo |
| Nos coidados e no apoio temos a afouteza |
| Para gañar esta vitoria ao seu sometemento |
| Agardade ese momento, seguide na certeza |
| De que máis cedo que tarde rodarán as súas cabezas |
| Retrouso |
| Inquedanzas, quimeras, pura autodefensa |
| O mellor do mundo novo está nesta trincheira |
| Xa vivín con comunistas dos cinco continentes |
| Aprendín das amarguras e chorei polas ausentes |
| Sempre na mente a dor da xente |
| Senón deixa paso á seguinte valente |
| A Milagro Sala, a Juana Rivas |
| Aquí hai dous bandos, non diferentes perspectivas |
| Non esquezo aos Mossos golpeando compañeiros |
| Fala catalán, pero Trapero é un madero |
| Organicemos as filas contra o réxime do 78 |
| Nós non queremos un trozo do biscoito |
| Ler máis, máis firmeza na acción |
| A clase obreira tomando o timón |
| Contra a Unión Europea, a OTAN e o IBEX |
| Programa mínimo, ruptura e proceso constituínte |
| Retrouso |
| Название | Год |
|---|---|
| Fischia Il Vento | 2003 |
| Mockba '993 | 1995 |
| Bella Ciao | 1993 |
| No tav | 2009 |
| Luna Rossa | 1995 |
| Juri Gagarin | 2004 |
| Stalingrado | 2003 |
| Sam Song | 2003 |
| Guantanamera | 2003 |
| Amore e Odio | 2004 |
| Cuore Malato | 2008 |
| Entula ft. Renzo Saporito | 2014 |
| Revolution Rock | 2006 |
| I Fought The Law ft. Sonny Curtis, Andrea, Sandro | 2014 |
| Partirò per Bologna | 2004 |
| Avanzo de Cantiere | 1995 |
| Viva Zapata! | 1995 |
| Potere Al Popolo | 1995 |
| Beat-Ska-Oi! | 1995 |
| Nazi sion Polizei | 1992 |